Protexe as túas ideas e aprende sobre propiedade intelectual, sen coste! – DIHGIGAL

12/03/2024

Es unha PEME e tes interese en protexer as túas innovacións? Queres aprender sobre a propiedade intelectual e industrial (PI) e as rutas de protección axeitadas para os teus desenvolvementos tecnolóxicos? Tes interese en avaliar a viabilidade de protexer a túa marca? Queres coñecer máis sobre os teus competidores, mercados ou tes interese en identificar potenciais socios estratéxicos?

Desde o iHUB de FEUGA ofrecémosche servizos de formación e asesoramento en propiedade intelectual á medida dos teus intereses e necesidades, incluíndo workshops sobre propiedade intelectual e industrial, estratexias de protección e a súa importancia no impacto dun modelo de negocio, así como servizos especializados de análise do estado do arte en patentes, antecedentes rexistrais en marcas, avaliación de viabilidade ¡entre outros!

Estes servizos poderán obter unha financiación do 100% a través do PROGRAMA PADIH do DIHGIGAL Digital Innovation Hub Industrial de Galicia, que busca impulsar a dixitalización das empresas industriais de Galicia.

Se tes interese, consulta máis información aquí! DIHGIGAL PADIH