FEUGA realiza un seminario sobre “Cambio climático e augas subterráneas”no marco do proxecto MAR2PROTECT

03/06/2024

En FEUGA co-organizamos un seminario sobre “Cambio Climático e Augas Subterráneas: Estratexias de Resiliencia e Adaptación” parte da programación do proxecto MAR2PROTECT no marco da EUGreenWeek.

Este evento, aprobado pola Comisión Europea e impulsado polo Clúster ZeroPollution4Water e os proxectos MAR2PROTECT, UPWATER e NINFA, abordará os desafíos urxentes que expón o cambio climático nas augas subterráneas da Península Ibérica. A xornada reunirá a expertos en temas de resiliencia da auga, tecnoloxías innovadoras e estratexias para a prevención e mitigación da contaminación.

Detalles do Evento:

📅 Data: xoves, 6 de xuño de 2024

🕙 Hora: 10:00 CEST

🔗 Rexistro: https://bit.ly/3V6UfDA

SOBRE MAR2PROTECT

MAR2PROTECT proporcionará un enfoque holístico para previr a contaminación de augas subterráneas debido aos impactos do cambio climático e o cambio global, a través de diferentes tecnoloxías innovadoras.

A idea principal consiste nunha ferramenta respaldada por Intelixencia Artificial que recibirá información en tempo real de sensores colocados en localizacións de risco onde se implementarán as tecnoloxías, entre outra información de vital importancia (tecnoloxías innovadoras, preferencias dos axentes sociais, avaliación de riscos…).

A ferramenta permitirá unha nova xeración de enfoques de Recarga Xestionada de Acuíferos para mellorar a calidade e cantidade da auga subterránea. O núcleo da innovadora Recarga Xestionada de Acuíferos é o Sistema de Apoio á Decisión M-AI-R, que incorporará información tecnolóxica e de compromiso social utilizando unha avaliación baseada en Intelixencia Artificial para mellorar a calidade e cantidade da auga subterránea.