Evento final do proxecto piloto Viñ@sostible no que colaboramos

07/11/2023

O proxecto piloto Viñ@sostible, no que colaboramos, celebra o seu evento final presencial no Pazo de Toubes o vindeiro xoves 23 de novembro ás 10:00h. Representantes das catro entidades galegas que integran o proxecto explicarán os traballos levados a cabo para a obtención de viños de calidade mediante a valorización de subproductos vitivinícolas. Ademais, contaremos coa participación dun relatorio convidado que profundará sobre os retos da fertilización dos viñedos galegos. Durante a xornada tamén se introducirá o proxecto piloto FERTISOS no que participa a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia.

O proxecto piloto Viñ@sostible xurdiu en 2021 buscando valorar a viabilidade de obtención de viños de calidade altamente sostibles en base ao emprego de subproductos vitivinícolas como mejorantes da fertilidade do chan. No proxecto traballouse con dous coproductos susceptibles de valorizar como son os restos de madeira procedentes de pódaa da vide, así como o bagazo resultante dos procesos enolóxicos.

Por outra banda, o proxecto piloto FERTISOS naceu en 2022 co obxectivo de deseñar un novo programa de fertilización orgánica sostible para cultivos de secaño e regadío mediante o emprego de diferentes tipos de xurro procedentes de explotacións gandeiras.

No evento contaremos cos relatorios de representantes das catro entidades galegas que integran o proxecto, liderado pola adega Viña Costeira e no que participan a Cooperativa Vitivinícola Arousá, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (AGACAL-EVEGA) e a Universidade de Santiago de Compostela mediante o grupo de Proxectos e Planificación que explicarán a detalle como levaron a cabo o plan de traballo para alcanzar os obxectivos e resultados propostos.

  • Cando: xoves 23 de novembro de 2023
  • Onde: Pazo de Toubes, Cenlle, Ourense
  • Horario: 10:00h – 13:30 h
  • Inscricións gratuítas aquí
  • Límite de prazas: 60 persoas
  • Consulta o programa aquí

Viñ@sostible está financiado pola convocatoria de axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxía no ámbito agroforestal, cofinanciadas nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020- Orzamento total: 1