O vindeiro mércores 24 de maio acollemos na nosa sede de Santiago de Compostela, o curso de formación presencial sobre “A Biomasa como fonte de enerxía en Galicia e norte de Portugal”, que se enmarca dentro do proxecto Biomasa-CAP, no que participamos, cunha duración de 7,5 h.
Organizado por EnergyLab e INEGA xunto co Clúster de Biomasa de Galicia, este curso ten por obxecto dar a coñecer as características e particularidades que existen na utilización das diversas fontes de biomasa dispoñibles e de como estas poden ser aproveitadas no ámbito da descarbonización da sociedade, como unha fonte de enerxía renovable e sostible.
O curso, que é totalmente gratuíto e con límite de prazas, estruturouse en dous módulos formativos teóricos na sesión da mañá, e unha parte final práctica con dúas visitas a unha instalación de produción e outra de consumo, que terán lugar pola tarde.
Podes consultar o programa do curso AQUÍ
Inscríbete AQUÍ