Como conseguir o teu primeiro emprego en Galicia

06/02/2024

Cada ano, miles de alumnos en Galicia terminan os seus estudos de formación profesional ou graos universitarios e lánzanse ao mundo laboral. Pero fóra dos poucos afortunados que poden traballar nun negocio de familiares ou amigos, a gran maioría deberá pelexar no mercado laboral para unha primeira oportunidade para mostrar o seu talento. Se non tes moi claro por onde empezar a buscar, neste artigo presentámosche varias canles nos que probar a buscar o teu primeiro emprego en Galicia

  • Portais de emprego en liña

É innegable que o grandísimo porcentaxe das procuras de emprego fanse por internet hoxe en día. Atrás quedaron os días de anuncios no xornal e nos taboleiros; agora todo está moito máis centralizado en portais de emprego en liña. Os máis populares xa os coñeces, pero tamén existen portais especializados en recén titulados e primeiros empregos, de entre os que es líder teujob, con máis de 10.000 titulados rexistrados.

  • Noso portal de prácticas formativas Becas FEUGA:

Moitas empresas ofrecen programas de prácticas ou bolsas formativas para adquirir a primeira experiencia laboral á vez que se forman nun ámbito profesional. Participar nestes programas pode ser unha excelente maneira de adquirir experiencia e abrir portas para oportunidades laborais a longo prazo, tanto na mesma empresa onde se realizan como noutras. En Galicia, non se pode falar de bolsas formativas sen falar de FEUGA e o seu programa de bolsas remuneradas, que con 40 anos de historia serveron de trampolín ó mundo laboral a centos de titulados.

  • Redes sociais profesionais:

Unha presenza sólida en redes sociais tamén pode abrirche as portas ao mundo laboral. Aconsellamos que crees e manteñas actualizado o teu perfil en LinkedIn, a rede social profesional por excelencia e a través da cal podes unirche a grupos relacionados coa túa industria, conectar con compañeiros e amigos para estar ao tanto da súa vida laboral e seguir a empresas locais para ser o primeiro en decatarche de oportunidades laborais.

  • Feiras de emprego e eventos locais:

Aínda que a presenza dixital é importante, os eventos asistenciais tamén manteñen a súa relevancia coa oportunidade de falar en carne e óso con posibles reclutadores e compañeiros. Acode a feiras de emprego, eventos empresariais, charlas abertas e conferencias en Galicia. Estes eventos permítenche coñecer a empregadores potenciais, establecer contactos e aprender máis sobre as tendencias do mercado laboral. Ademais, quen sabe, quizais poidas estar no lugar correcto no momento adecuado!

Sitios web de empresas locales:

Visita os sitios web de empresas locais que che interesen. Moitas empresas publican as súas ofertas de emprego directamente nas súas páxinas web antes de facelo noutros lugares. Se non coñeces algunhas empresas do teu sector, a gran maioría forman parte de clústeres de empresas nas que se agrupan e nos cales podes ver que empresas compóñeno.

  • Contacto directo con empresas:

Envía currículos e cartas de presentación directamente a empresas que che interesen, mesmo se non teñen ofertas de traballo publicadas. Ademais de posicionarche como primeira opción en potenciais ofertas ocultas, isto mostra iniciativa e interese pola túa banda e pode resultar en oportunidades non anunciadas.

  • Colaboración con universidades y centros de formación:

Mantén contacto con centros de formación e universidades en Galicia, especialmente con aqueles dos que algunha vez formaches parte. Algunhas institucións poden ter programas de emprego, proxectos de inserción laboral ou eventos de networking que faciliten a conexión con empregadores locais.

Lembra personalizar o teu enfoque de procura segundo a túa industria, habilidades e metas profesionais. Tamén non esquezas utilizar canles especializadas en primeiros empregos, como teujob, e considera a opción de realizar unhas prácticas formativas ou unha bolsa. A combinación de varias vías de procura será fundamental para atopar o teu primeiro emprego en Galicia Axudámosche? Rexístrate hoxe en teujob.es e atopa o teu primeiro emprego!