• Os interesados poden presentar as súas de candidaturas desde hoxe e  ata o  23 de xuño, incluído
  • Están destinadas a estudantes de últimos cursos de Artes e Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñaría e Arquitectura
  • As persoas interesadas nalgunha das 32 prazas dispoñibles poden presentar a súa solicitude a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, previa inscrición no portal de bolsas Feuga
  • Este programa é unha das actuacións do catálogo de actividades do Plan DigiTalent para dar resposta á demanda de novos perfís dixitais

Santiago de Compostela, 1 xuño de 2020.– Hoxe reanúdanse os prazos para solictar as bolsas do Programa DigiTalent, que ofrece 32 prazas a estudantes de últimos cursos de Artes e Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñaría e Arquitectura para realizar prácticas formativas en empresas do sector tecnolóxico. Os interesados poderán remitir as súas candidaturas ata o próximo día 23 de xuño (incluído).

Estas bolsas están orientadas a estudantes universitarios menores de 31 anos, matriculados en Artes e Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñaría e Arquitectura de calquera das tres universidades galegas e que teñan máis do 75% e menos do 100% de créditos aprobados.

Tras a suspensión da convocatoria publicada no (DOG) o pasado día 5 de marzo pola declaración de situación de emerxencia sanitaria en Galicia, hoxe faixe efectivo o publicado no Real Decreto 537/2020 (BOE), que prevé a reapertura dos prazos que foran interrompidos con efectos desde hoxe día 1 de xuño.

Candidaturas e seleccións dos bolseiros

Os estudantes interesados deberán presentar telematicamente a súa solicitude para poder acceder ás prazas do programa, a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento PR607A). Ademais, deberán estar rexistrados e ter o seu perfil actualizado no portal de becas Feuga na seguinte ligazón: http://www.becasfeuga.es/ofertas/listar/etiqueta/amtega.

As candidaturas dos bolseiros valoraranse en función da nota media do expediente académico e unha memoria explicativa sobre a motivación dos solicitantes para realizar a práctica formativa e os resultados que pretende acadar.

Realización das prácticas formativas

Unha vez realizada a selección, os beneficiarios realizarán prácticas remuneradas nalgunha das 21 empresas seleccionadas como entidades colaboradoras, por un período de 3 meses e unha duración de 20 horas semanais, contando cun plan de formación e recibirán asesoramento, orientación e dirección das persoas responsables das empresas TIC.

As empresas teñen experiencia en proxectos relacionados con tendencias tecnolóxicas emerxentes tales como big data, tecnoloxías móbiles, deseño de servizos e aplicacións cloud, ciberseguridade, IoT, blockchain, realidade aumentada, intelixencia artificial, wearables, entre outras. A listaxe completa de entidades que participan no programa está dispoñible na web: https://digitalent.xunta.gal/gl/iniciativa/bolsas-digitalent

Cabe sinalar, que no contexto actual de transición á nova normalidade, aos beneficiarios do programa aplicaranlle as mesmas medidas de protección y protocolos levados a cabo polas empresas colaboradoras para protexer e promover a seguridade e a saúde no traballo do conxunto dos seus empregados.

Colaboración institucional

As bolsas DigiTalent articúlanse a través dun convenio de colaboración asinado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), as Universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña e a Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA); e contribuirá a dar resposta á demanda de novos perfís dixitais e facilitar a hibridación entre os sectores TIC e non TIC.

Noticias relacionadas

Participa en nuestro nuevo premio para la comunidad de prácticas formativas FEUGA

Webinar gratuito de Excel para becarios FEUGA

Talento y futuro: 5 cosas que no debes hacer en una entrevista (si quieres que te contraten)

  • Están destinadas a estudantes de últimos cursos de Artes e Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñaría e Arquitectura
  • Os interesados poden presentar as súas candidaturas ata o 6 de abril a través da sede electrónica da Xunta, previa inscrición no portal de Feuga
  • Ofértanse 32 prazas nunha vintena de empresas para a realizar prácticas durante tres meses
  • É unha das iniciativas Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia 2020, DigiTalent, para dar resposta á demanda de novos perfís dixitais

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria de bolsas para a realización de prácticas formativas en empresas do sector TIC (Bolsas DigiTalent), dirixidas a estudantes do Sistema universitario de Galicia no curso 2019/20 no marco do Plan DigiTalent.   Estas prácticas formativas están orientadas a estudantes universitarios menores de 31 anos, matriculados en Artes e Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñaría e Arquitectura de calquera das tres universidades galegas e que teñan máis do 75% e menos do 100% de créditos aprobados.   

Selección dos bolseiros

Ata o 6 de abril os estudantes poden presentar as súas candidaturas e solicitar algunha das 32 prazas ofertadas polas empresas TIC, seleccionadas como entidades colaboradoras, a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal  (código de procedemento PR607A).  Ademais, os interesados deberán estar rexistrados no portal de becas Feuga na seguinte ligazón: http://www.becasfeuga.es/ofertas/listar/etiqueta/amtega.    As candidaturas dos bolseiros valoraranse en función da nota media do expediente académico e unha memoria explicativa sobre a motivación dos solicitantes para realizar a práctica formativa e os resultados que pretende acadar.   Unha vez realizada a selección dos estudantes beneficiarios das bolsas, os participantes realizarán as prácticas formativas nas empresas do sector TIC seleccionadas como entidades colaboradoras por un período de 3 meses. Contarán cun plan de formación e recibirán asesoramento, orientación e dirección das persoas responsables das empresas TIC, as bolsas teñen unha duración de 20 horas semanais e son remuneradas.  

Entidades colaboradoras do programa

O pasado mes de novembro a Amtega lanzou a convocatoria para que as empresas tecnolóxicas presentasen as súas solicitudes de adhesión ao programa así como as súas preferencias en canto ás áreas de coñecemento ou titulacións dos bolseiros en función das necesidades que presenten.   As 21 entidades colaboradoras seleccionadas teñen experiencia en proxectos relacionados con tendencias tecnolóxicas emerxentes tales como big data, tecnoloxías móbiles, deseño de servizos e aplicacións cloud, ciberseguridade, IoT, blockchain, realidade aumentada, intelixencia artificial, wearables, entre outras. A listaxe completa de entidades que participan no programa está dispoñible na web: https://digitalent.xunta.gal/gl/iniciativa/bolsas-digitalent.  

Colaboración institucional

As bolsas DigiTalent articúlanse a través dun convenio de colaboración asinado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), as Universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña e a Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA); e contribuirá a dar resposta á demanda de novos perfís dixitais e facilitar a hibridación entre os sectores TIC e non TIC.

Noticias relacionadas

ITELSIS Group se incorpora a nuestro patronato

FEUGA se suma a la New European Bauhaus de Galicia

FEUGA refuerza su apuesta por la tecnología agroalimentaria desde su sede en Bruselas

Noticias relacionadas

Ya disponibles los webinars de los proyectos ALGATERRA, BIOPROINSECT y GREENCASTANEA, organizados por FEUGA

EVEGA, VINIoT e IPMWorks se unen para exponer los avances e innovaciones en la viticultura

FEUGA coordina la segunda charla con agentes del sector del proyecto MICOALGA-FEED

O vindeiro martes 26 de novembro terá lugar a primeira xornada técnica sobre a FP dual en Galicia, organizada pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. O obxectivo é expoñer as características desta modalidade, aproveitando o punto de vista e a experiencia de todos os axentes que interveñen na mesma.

Directivos de Navantia e Cortizo abrirán a xornada cunha breve exposición da súa experiencia na FP dual. Seguidamente desenvolverase unha sesión moderada por un xornalista especializado na que estarán representados todos os actores cun papel destacado dentro da FP dual. O programa da tarde estará dividido, cunha parte máis centrada na información xeral sobre a experiencia da FP dual e outra relacionada coa organización e a xestión desta modalidade formativa.

Durante a xornada terá lugar a presentación da primeira Guía Básica de FP dual, que pretende ser unha ferramenta de axuda dirixida a centros educativos que desenvolven ou queren desenvolver proxectos de FP dual; a empresas, organizacións, institucións ou asociacións que acollen ou están interesadas en acoller alumnado destas ensinanzas; así como a alumnado matriculado nesta modalidade ou interesado na mesma.

A xornada, que terá lugar no Pazo de Congresos e Exposicións, en Santiago de Compostela, é gratuíta e aberta a toda persoa interesada. O profesorado pode inscribirse a través de fprofe, nas actividades con referencia X1902085 ou X1902086.

Noticias relacionadas

ITELSIS Group se incorpora a nuestro patronato

FEUGA se suma a la New European Bauhaus de Galicia

FEUGA refuerza su apuesta por la tecnología agroalimentaria desde su sede en Bruselas

  • O obxectivo desta iniciativa é facilitar a incorporación de perfís non tecnolóxicos ao sector TIC.
  • Ata o 29 de novembro as entidades interesadas poden presentar as súas solicitudes así como as áreas de coñecemento que encaixan máis coas súas necesidades.
  • No mes de xaneiro, tras a selección das empresas, abrirase a convocatoria aos estudantes que queiran acceder ás 50 bolsas do Programa.
  • Están destinadas a estudantes de últimos cursos de Artes e Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñaría e Arquitectura.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publica hoxe no o Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria para que as empresas tecnolóxicas poidan adherirse ao programa de Bolsas DigiTalent, do Plan de promoción de Talento dixital de Galicia impulsado pola Amtega, que  buscan facilitar a hibridación entre o sector TIC  e os perfís non dixitais.

As bolsas Digitalent ofertan un total de 50 prazas destinadas a estudantes de últimos cursos de Artes e Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñaría e Arquitectura co obxectivo de facilitar a incorporación de perfís non tecnolóxicos ao sector TIC.

Pola súa banda, as empresas colaboradoras deberán ter experiencia en proxectos relacionados con tendencias tecnolóxicas emerxentes tales como big data, tecnoloxías móbiles, deseño de servizos e aplicacións cloud, ciberseguridade, IoT, blockchain, realidade aumentada, intelixencia artificial, wearables, entre outras.

Solicitudes das empresas

Ata o 29 de novembro as entidades poderán presentar as súas solicitudes así como as súas preferencias en canto ás áreas de coñecemento ou titulacións dos bolseiros en función das súas necesidades

Toda a información sobre o programa e os pasos a seguir para participar na iniciativa están na páxina web https://digitalent.xunta.gal/gl/iniciativa/bolsas-digitalent. Neste espazo as empresas atoparán un formulario que, unha vez cuberto, poderán presentar a través da sede electrónica da Xunta.

Rematado este prazo, e unha vez avaliadas as solicitudes, publicarase a listaxe de entidades colaboradoras que finalmente recibirán aos bolseiros para a realización das prácticas formativas.

Esta actuación posibilita ás empresas tecnolóxicas o acceso a unha canteira de talento para cubrir vacantes de postos que precisan da  confluencia das TIC co resto de ámbitos de coñecemento.

Convocatoria a estudantes

No mes de xaneiro, unha vez seleccionadas as entidades colaboradoras, publicarase unha convocatoria dirixida a estudantes matriculados en calquera das tres universidades galegas menores de 31 anos e que teñan superado o 75% dos créditos e menos do 100%, para que poidan presentar as súas candidaturas para participar no programa.

A través destas prácticas non laborais, os bolseiros seleccionados recibirán formación teórico-práctica e contarán cun plan de formación, asesoramento, orientación e dirección por parte dos responsables das empresas TIC por un período de tres meses, tendo unha duración de 20 horas semanais e serán remuneradas.

Colaboración institucional

As bolsas DigiTalent articúlanse a través dun convenio de colaboración asinado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), as Universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña e a Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA); e contribuirá a dar resposta á demanda de novos perfís dixitais e facilitar a hibridación entre os sectores TIC e non TIC.

Plan DigiTalent

O Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia 2020, DigiTalent, impulsado pola Amtega en colaboración cos axentes do ecosistema dixital, ofrece actividades, formación e especialización no ámbito dixital ao longo de todo o ciclo vital de persoa.  Xunto coas bolsas, o Plan desenvolverá outras 37 actuacións durante o curso 2019/2020 co fin de impulsar as vocacións científico-tecnolóxicas, os novos perfís dixitais e maximizar as oportunidades do desenvolvemento profesional na economía dixital.

Toda a actualidade sobre as actuacións recollidas no catálogo DigiTalent, atópase dispoñible no espazo web digitalent.xunta.gal, onde se recolle a información relativa aos detalles das actuacións (datas, localizacións e instrucións para a participación).

Noticias relacionadas

ITELSIS Group se incorpora a nuestro patronato

FEUGA se suma a la New European Bauhaus de Galicia

FEUGA refuerza su apuesta por la tecnología agroalimentaria desde su sede en Bruselas

programa_talento_ence

Si eres recién titulado universitario o estás terminando un postgrado, Ence te ofrece la posibilidad de poner en práctica toda la teoría adquirida en tus estudios en su biofábrica de Pontevedra (Galicia). Esta oportunidad te permitirá aprender y desarrollar día a día tus habilidades y competencias, acompañado de profesionales especialistas que contribuirán a darle una visión práctica a tu formación.

Si estás interesado en presentar tu candidatura a nuestros procesos de selección para el Programa Talento en Pontevedra, consulta aquí toda la información a tu disposición. ¡Tienes hasta el 30 de abril!

Nº de becas: 25

Localización: Biofábrica de Ence en Pontevedra.

  • Requisitos:
  • Ser titulado universitario, o estar cursando el último año de carrera, máster o postgrado compatible con la realización de las prácticas.
  • Haber finalizado la titulación universitaria en los últimos 3 años.
  • Ser menor de 31 años.
  • No haber desempeñado trabajo profesional remunerado relacionado con la titulación, bajo ninguna modalidad de contratación.

¿Qué buscan?:

  • Ingenieros Químicos, Mecánicos o Eléctricos.
  • Ingenieros de Montes o Forestales.
  • Graduados en ADE.
  • Graduados en Biología.
  • Graduados en Comunicación, Publicidad y RRPP.
  • Graduados en Relaciones Laborales y Recursos Humanos.

Noticias relacionadas

Participa en nuestro nuevo premio para la comunidad de prácticas formativas FEUGA

Webinar gratuito de Excel para becarios FEUGA

Talento y futuro: 5 cosas que no debes hacer en una entrevista (si quieres que te contraten)

STL Take Off es una jornada de reclutamiento muy especial organizada en conjunto con la Universidad de Vigo.

El equipo de Recursos Humanos de Sociedad Textil Lonia, acompañado de figuras clave de la compañía, os emplaza el próximo viernes 15 de junio a la Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo.

Con la intención de incorporar nuevos talentos en diferentes áreas estratégicas, hemos identificado 10 posiciones que nos gustaría cubrir con algunos de los asistentes.

Será una mañana (horario aproximado de 09:00 a 14:00h) repleta de dinámicas y retos donde tendréis la oportunidad de daros a conocer, convenciendo al equipo de STL de ser el candidato ideal para formarse en la compañía.

Noticias relacionadas

Participa en nuestro nuevo premio para la comunidad de prácticas formativas FEUGA

Webinar gratuito de Excel para becarios FEUGA

Talento y futuro: 5 cosas que no debes hacer en una entrevista (si quieres que te contraten)

Noticias relacionadas

ITELSIS Group se incorpora a nuestro patronato

FEUGA se suma a la New European Bauhaus de Galicia

FEUGA refuerza su apuesta por la tecnología agroalimentaria desde su sede en Bruselas

Noticias relacionadas

Participa en nuestro nuevo premio para la comunidad de prácticas formativas FEUGA

Webinar gratuito de Excel para becarios FEUGA

Talento y futuro: 5 cosas que no debes hacer en una entrevista (si quieres que te contraten)

Noticias relacionadas

Participa en nuestro nuevo premio para la comunidad de prácticas formativas FEUGA

Webinar gratuito de Excel para becarios FEUGA

Talento y futuro: 5 cosas que no debes hacer en una entrevista (si quieres que te contraten)