GALICIA 2030

O proxecto «Galicia 2030: Perfís profesionais de futuro e novas titulacións e especialidades universitarias» foi desenvolvido pola FEUGA para a Consellería de Cultura, Educación e Universidade  da Xunta de Galicia. A través desta iniciativa desenvolveuse, a partir dunha análise de prospectiva e tendencias con impacto no emprego de Galicia en 2030, un catálogo de perfís profesionais de futuro e unha proposta de novas titulacións universitarias para Galicia cos que se pretendía dar resposta ás necesidades e esixencias  da sociedade e do mercado laboral vindeiros e situar a sociedade galega nunha mellor posición para afrontar os seus retos de futuro.

O proxecto tivo un importante carácter participativo, coa realización de entrevistas a máis de 80 expertos e a participación de máis de 200 empresas, e baseouse nun amplo traballo de campo que se concretou na análise de 97 titulacións do SUG e de 178 titulacións internacionais de 106 universidades de 25 países distintos.

Como resultado do proxecto, entre 2022 e 2024 implantaranse no Sistema Universitario Galego 14 novas titulacións.

Principais actividades desenvolvidas:

  • Identificación e estudo das principais macrotendencias e factores globais de cambio cun impacto crecente no mercado laboral dos próximos anos.
  • Diagnóstico preliminar da situación actual  da rexión no ámbito sectorial e priorización daqueles sectores socioeconómicos con maior capacidade actual e futura de tracción  da economía e do emprego.
  • Determinación das competencias e ocupacións futuras claves de cada un dos sectores seleccionados como estratéxicos para Galicia con base no estudo  das  KET (Key Enabling Technologies), entendidas como tecnoloxías, ferramentas ou metodoloxías que habilitan o impacto das tendencias nos sectores.
  • Elaboración do catálogo de perfís profesionais de futuro que incluíu a xustificación e descrición dos perfís, así como a definición das súas competencias e ámbitos de coñecementos asociados.
  • Análise do mapa de titulacións do SUG e o seu cotexo co Catálogo de perfís profesionais de futuro.
  • Análise benchmark internacional de titulacións no caso daqueles roles non cubertos pola oferta académica do SUG.
  • Definición dunha proposta de novas titulacións para Galicia.

FINANCIACIÓN

Xunta de Galicia


ÁREA

Formación e emprego


WEB

https://galicia2030.es/


Otros casos de éxito

Contacte connosco