A Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA) elaborou no ano 2024 ou seu I Plan de Igualdade, asumindo así a necesidade de traballar para mellorar as políticas empresariais igualitarias e avanzar na integración da perspectiva de xénero en tódolos ámbitos da organización.
O noso Plan de Igualdade ten como obxectivo promover e garantir unha contorna laboral inclusiva, equitativa e libre de discriminación que asegure a igualdade de oportunidades en todas as etapas do ciclo de vida laboral, fomentando a diversidade, a conciliación, o respecto e a valoración de todas as persoas, independentemente do seu xénero, identidade ou calquera outra característica persoal, e establecendo políticas transparentes e mecanismos efectivos para previr e erradicar calquera forma de desigualdade ou acoso.
Plan de Igualdade inscrito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo e Plans de Igualdade (REGCON)_Código de convenio nº 82101452112024.