ACTUALIDAD

22-11-19

Xornada técnica sobre FP dual en Galicia

Fecha
26/11/2019
Lugar

Palacio de Congresos y Exposiciones de Galicia
Santiago de Compostela

O vindeiro martes 26 de novembro terá lugar a primeira xornada técnica sobre a FP dual en Galicia, organizada pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. O obxectivo é expoñer as características desta modalidade, aproveitando o punto de vista e a experiencia de todos os axentes que interveñen na mesma.

Directivos de Navantia e Cortizo abrirán a xornada cunha breve exposición da súa experiencia na FP dual. Seguidamente desenvolverase unha sesión moderada por un xornalista especializado na que estarán representados todos os actores cun papel destacado dentro da FP dual. O programa da tarde estará dividido, cunha parte máis centrada na información xeral sobre a experiencia da FP dual e outra relacionada coa organización e a xestión desta modalidade formativa.

Durante a xornada terá lugar a presentación da primeira Guía Básica de FP dual, que pretende ser unha ferramenta de axuda dirixida a centros educativos que desenvolven ou queren desenvolver proxectos de FP dual; a empresas, organizacións, institucións ou asociacións que acollen ou están interesadas en acoller alumnado destas ensinanzas; así como a alumnado matriculado nesta modalidade ou interesado na mesma.

A xornada, que terá lugar no Pazo de Congresos e Exposicións, en Santiago de Compostela, é gratuíta e aberta a toda persoa interesada. O profesorado pode inscribirse a través de fprofe, nas actividades con referencia X1902085 ou X1902086.

Compártelo