Warning: Undefined array key “id” in /var/www/html/wp-content/themes/feuga-2022/blocks/cabeceras/template.php on line 3
Ofrecer solucións a necesidades empresariais
A Fundación Empresa Universidad Gallega actúa como Oficina de Transferencia de Resultados das universidades gallegas, polo que temos acceso a máis de 600 grupos de investigación. A transferencia de coñecemento e tecnoloxía beneficia tanto ás empresas como ós investigadores, e tamén á sociedade en xeral. Supón unha foente de innovacións e mellora de competitividade para as empresas, meentras que os investigadores incrementan o valor xenerado das súas investigacións e as dotan de aplicación práctica.
Desenrolamos unha labor de interrelación entre empresas e universidades
O noso permanente contacto co texido empresarial e os grupos de investigación do SUG permítenos ser catalizadores entre necesidades e o coñecemento existente a través da promoción, facilitando cauces de diálogo e colaboración entre ambas partes para dar solucións a problemas reais e favorecer a transferencia dende o ámbito investigador ó mundo empresarial. O obxetivo é anticiparnos ós retos tecnolóxicos e desafíos do futuro, mellorar a posición competitiva das empresas e crear valor para a sociedade en xeneral. Así, actuamos como centro de información e coordinación para empresas e universidades que deseen establecer acordos para a posta en marcha de accións no campo da I+D+i.
- Identificación de necesidades tecnolóxicas
- Identificación e posta en contacto con grupos de investigación do SUG como colaboradores técnicos do proxecto
- Creación de espacios de interrelación e colaboración entre os distintos axentes involucrados
- Información, búsqueda e asesoramiento sobre vías de financiamento nas convocatorias públicas, autonómicas e nacionais
- Apoio na formalización do contrato entre empresa e universidade
¿Necesitas darlle resposta á túa necesidade tecnolóxica?