Feuga é unha organización cuxa actividade é a prestación de servizos de Proxectos de innovación e emprendemento, Talento e Formación.
Feuga define como política xeral ofrecer servizos co compromiso de manter a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade, trazabilidade e autenticidade da información, sempre en estrito cumprimento dos requisitos legais e regulamentarios vixentes.
A Dirección promove o mantemento e a mellora continua dun Sistema de Seguridade da Información baseado no Esquema Nacional de Seguridade, poñendo todos os recursos que considere necesarios e procurando o cumprimento das súas medidas de seguridade, co fin de fortalecer estas bases e acadar os obxectivos establecidos.
Desde a Dirección promóvese a redución ou eliminación dos riscos ou efectos na actividade de Feuga que puidesen derivarse de eventuais fallos de seguridade, tendo en conta as consecuencias dunha perda de confidencialidade, integridade, dispoñibilidade, autenticidade ou trazabilidade dos activos existentes.
Para acadar estes principios básicos, a Dirección formula anualmente obxectivos de seguridade da información e realiza o seguimento destes, verificando o seu cumprimento e establecendo as medidas necesarias no caso de que dito cumprimento se vexa ameazado.