Formación dispoñible in-company ¡Contacta connosco!!
A elaboración de propostas evolucionou cara a un enfoque cada vez máis estratéxico, no que xa non abonda con describir ideas ou contidos técnicos de maneira exhaustiva. O éxito dunha proposta depende cada vez máis da capacidade para construír unha narrativa coherente, estruturada e orientada á avaliación.
A proposta debe responder de forma clara ás preguntas clave de quen avalía: por que se realiza o proxecto, que obxectivos persegue, como se vai executar e por que é relevante. Ademais, o impacto debe situarse como eixe vertebrador desde as primeiras fases do deseño, demostrando a viabilidade dos plantexamentos e evitando declaracións xenéricas ou non verificables.
Este curso pretende capacitar ás persoas participantes na redacción de propostas Horizon Europe claras, estruturadas, competitivas e aliñadas coas prioridades estratéxicas europeas. Ao longo da formación analizarase en detalle a estrutura dunha proposta colaborativa para aprender como enfocar as cuestións e os principais apartados do formulario, co obxectivo de mellorar a calidade global das propostas e maximizar as posibilidades de éxito.
Que inclúe
Orientación para a xestión da bonificación
Acceso ao campus virtual
Certificado
- Interpretar a información dos Work Programmes (WP) e dos Topics desde a perspectiva da contribución do teu proxecto.
- Diferenciar e orientar as ideas innovadoras segundo o tipo de accións e subprogramas.
- Desenvolver unha visión estratéxica, analítica e operativa dos aspectos clave dunha proposta.
- Traducir o proxecto en termos de vantaxe competitiva, sustentabilidade, produtividade e beneficios para a sociedade.
- Dominar a redacción de propostas e a cumprimentación dos formularios de solicitude aplicando consellos prácticos, técnicas de escritura, factores de éxito, exemplos e modelos para os apartados de Excelencia, Impacto e Implementación.
- Coñecer as diferenzas entre crear e incorporarse a un consorcio.
- Aplicar recomendacións de éxito para formular unha proposta de valor e xerar impacto na persoa avaliadora.