Experiencia e eficacia na captación de compañías colaboradoras, así como na búsqueda dos mellores bolseiros
O ensino regrado non universitaria tamén engloba o ensino de Formación Profesional noutros centros, oficiais, os centros privados que imparten en calidade de centro oficial ensino regrado, centros recoñecidos como oficiais pola Xunta de Galicia, no que se imparten diversos ciclos medios e superiores de Formación Profesional e mesmo cursos master da devandita formación. Polo que ten perfecto encaixe na inclusión das prácticas formativas vinculadas aos ciclos que se imparten nestes centros oficiais na promoción por parte de Feuga da formación práctica de persoas tituladas e estudantes a través dos seus Programas de Bolsas de formación permitindo o achegamento dos estudantes á contorna laboral e constituíndo un consolidado complemento, imprescindible, de formación práctica ao ensino regrado.
Destinatarios
Estudantes de formación profesional de grao medio, superior ou máster Título obtido nun Centro de FP público ou Centro recoñecido como oficial pola Xunta de Galicia Sen experiencia
Condicións
Bolsa mínima a xornada completa: 500 €.
As actividades do bolseiro serán formativas, en ningún suposto poderán ostenta-la condición de responsable das mesmas, estando en todo momento supervisado e controlado polo seu tutor.
Real Decreto 1493/2011.