O proxecto VT (Vehículos de Transferencia) trata de abordar, dende unha perspectiva transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal, as posibilidades das distintas vías de transferencia de coñecemento dende a universidade ás empresas e entidades. A investigación baixo contrato, a transferencia vía licenza e a creación de empresas de base tecnolóxica son os tres eixos clave de traballo deste proxecto no que se pretenden explorar as novas posibilidades que ofrece a cooperación entre as distintas institucións implicadas nos procesos de transferencia na Eurorrexión.