COLABORA
A Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA) está constituida como unha entidade de dereito privado, sen fins lucrativos, de interese galego, universitario e empresarial, dedicada o desenrolo da economía e a sociedade de Galicia.
Os fins fundacionais de Feuga están confinanciados por entidades, organismos e empresas que efectúan donacións á Fundación a través de accións de patrocinio e mecenazgo.
OBXETIVOS DE FEUGA
Financiar cátedras, seminarios, laboratorios ou ensinanzas especiais nas Universidades de Galicia ou calquera outra institución de carácter público, similar a ésta, que así fora considerada polo Patronato ou Xunta Rectora.
Procurar axudas á Investigación, dentro ou fora da Universidade ou calquera outra institución pública similar, que así fora considerada polo Patronato e dotar bolsas de viaxe co mesmo fin.
Financiar programas concretos de bolsas de estudio ou investigación.
Convocar premios para traballos determinados.
Financiar a publicación de tesis doctorais ou traballos de investigación.
Realizar, publicar e editar libros ou publicacións de todo tipo con carácter periódico ou circunstancial, acerca de temas e cuestións relacionados cos fins da Fundación, así como colaborar en publicacións periódicas e outros medios de difusión que podan contribuir ó maior coñecemento recíproco da Empresa e as Universidades de Galicia ou calquera outra institución similar que así fora considerada polo Patronato ou Xunta Rectora.
Organizar conferencias, reunións, visitas e intercambios que contribuian ó mellor coñecemento recíproco das Empresas e as Universidades de Galicia ou cualquera outra institución pública que así fora considerada polo Patronato.
Procurar a colaboración e presencia das Empresas en actividades Universitarias ou de calquera outra institución pública que así fora considerada polo Patronato ou Xunta Rectora.
Promover a creación e dotación de cátedras específicas por parte das Empresas.
Facilitar a presencia na Empresa dos alumnos dos últimos cursos de carreira, ós fins da súa mellor formación e de adquisición de experiencia en actividades profesionais.
Estudio conxunto de novas profesións e especialidades útiles e necesarias á Empresa, acordes co seu avance e desenrolo tecnolóxico.
Impulsar a formación e posta ó día de profesionais na Empresa.
Concertar cas Universidades ou calquera outra institución pública similar, que así fora considerada polo Patronato ou Xunta Rectora, a realización de programas de investigación que sexan de interese para as empresas e establecer as condicións en que ditos programas se levarán a cabo.
Concertar cas Universidades ou calqueira outra institución pública similar, que así fora considerada polo Patronato ou Xunta Rectora, a realización de cursillos, seminarios e conferencias e, en xeral, a labor e actividades de perfeccionamiento e posta ó día de coñecementos do persoal das Empresas Fundadoras ou con asentamento na rexión galega.
Colaborar nos programas de acción concertada financiados pola Administración Pública e calesquera outros apoiados por entidades públicas ou privadas e que teñan por obxeto o fomento da investigación.
A atención de outras actividades non citadas expresamente que cooperen ós fins fundacionales e o desenrolo tecnolóxico.