Tendencias actuais no ámbito da Propiedade Industrial

Descobre como protexer a actividade innovadora da túa compañía

 

Esta edición ha finalizado. ¿Te gustaría inscribirte en nuestra lista de espera?
Activa las notificaciones para mantenerte al tanto de convocatorias similares

Formación disponible in-company ¡Contáctanos!

O CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación (GAIN), dentro das súas actividades enmarcadas na rede Enterprise Europe Network, organiza o Ciclo Formativo sobre Vixilancia Tecnolóxica 2023 que ten como obxectivo axudar ás empresas galegas a adaptarse ao novo contexto empresarial, un escenario altamente competitivo e en constante cambio.

É fundamental para a competitividade empresarial que as organizacións coñezan e analicen os desafíos aos que se enfrontan no ámbito da Propiedade Industrial e estean ao tanto das tendencias na evolución das patentes, co fin de protexer e explotar a súa propiedade de maneira exclusiva.

A vixilancia dos dereitos de Propiedade Industrial permite ás empresas coñecer as últimas innovacións, tecnoloxías e avances no seu campo, o cal é información crucial para orientar a investigación e o desenvolvemento de novas tecnoloxías e para tomar medidas proactivas de protección e prevención de posibles infraccións.

Persoal de empresas e entidades galegas interesado en aumentar o seu coñecemento sobre os servizos e elementos que conforman a Vixilancia Tecnolóxica e a Intelixencia Competitiva.

  • Retos relacionados coa protección e a comercialización das invencións protexidas por patentes
    • As patentes como sinal de calidade
    • As patentes como garantía de financiamento
    • Comercialización de invencións protexidas por patentes
    • Patentes vs outros dereitos de propiedade industrial
  • Iniciativas de políticas públicas a nivel estatal e europeo para fomentar a transferencia de coñecemento e a colaboración
    • Folla de ruta da OCDE, plan de transferencia e colaboración, nova axenda europea de innovación, plataforma europea de valorización
  • Tendencias recentes das patentes de orixe española
    • Evolución por áreas tecnolóxicas, indicadores de calidade e protección internacional
  • Como acceder a información sobre patentes de forma gratuíta: exemplos prácticos
  • Rogos e preguntas

Catalina Martínez

Científica titular no Instituto de Políticas y Bienes Públicos del Consejo Superior de Investigaciones Científicas.

O seu ámbito de especialización céntrase nas patentes, e as políticas públicas na área de ciencia e tecnoloxía para fomentar vínculos ciencia-industria, colaboración público-privada e contratación de investigadores en empresas. Colabora regularmente, como experta, con organismos nacionais e internacionais como a OCDE, a OMPI e a Comisión Europea.

 

Por qué formarte con nosotros

+12.350
Alumnos formados
+7.900
Horas de formación impartidas
9,2
Valoración media de nuestros alumnos

Cursos relacionados