Formación disponible in-company ¡Contáctanos!
O CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación (GAIN), dentro das súas actividades enmarcadas na rede Enterprise Europe Network, organiza o Ciclo Formativo sobre Vixilancia Tecnolóxica 2023 que ten como obxectivo axudar ás empresas galegas a adaptarse ao novo contexto empresarial, un escenario altamente competitivo e en constante cambio.
Esta xornada aborda como a propiedade industrial pode ser un factor clave para o desenvolvemento das organizacións, ao permitirlles protexer a súa actividade innovadora, materializada en novos produtos, procedementos ou deseños, mediante a explotación e uso en exclusiva dos seus produtos e servizos. O fin último da propiedade industrial non é a protección en si mesma, senón rendibilizar o investimento e obter beneficios.
Neste obradoiro analízase como a propiedade industrial contribúe a mellorar a comercialización dun produto, por exemplo en termos de identificación da competencia, selección de mercados emerxentes e detección de novas oportunidades comerciais.
Persoal de empresas e entidades galegas interesado en aumentar o seu coñecemento sobre os servizos e elementos que conforman a Vixilancia Tecnolóxica e a Intelixencia Competitiva.
- Valorización da propiedade industrial
- Implantación de fórmulas de protección complementarias: contratos e vixilancia da competencia
- Análise de oportunidade e risco
- Como complementar a propiedade industrial do proxecto: análise da propiedade industrial propietaria e análise de adquisición
- Aproximación ao valor da propiedade industrial: métodos para calcular o valor dun intanxible
- Determinación do potencial comercial dunha tecnoloxía: identificación de competencia e colaboracións, identificación de mercados (obsoletos e emerxentes), localización de redes de inventores e outros aspectos de interese
Sergio Larreina
Director de Consultoría Estratéxica en ISERN Patentes e Marcas.
Anteriormente foi Director de Consultoría Tecnolóxica en PONS Patentes e Marcas e Director Corporativo de Intelixencia Tecnolóxica en Clarke, Modet & Co.
É docente habitual en materia de Intelixencia Competitiva e Propiedade Industrial en relevantes universidades e escolas de negocio.