Formación disponible in-company ¡Contáctanos!
O CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación (GAIN), dentro das súas actividades enmarcadas na rede Enterprise Europe Network, organiza o Ciclo Formativo sobre Vixilancia Tecnolóxica 2023, que ten como obxectivo axudar ás empresas galegas a adaptarse ao novo contexto empresarial, un escenario altamente competitivo e en constante cambio.
A capacidade que teñan as empresas de manterse ao tanto das accións e estratexias dos seus competidores resultan esenciais para acadar un éxito sustentable. Esta xornada está deseñada para capacitar aos asistentes no deseño, posta en marcha ou mellora do seu propio sistema de vixilancia de competidores. A formación fai fincapé nos fundamentos da vixilancia de competidores, as súas etapas e principais beneficios. Ademais, abordaranse as claves para a identificación de competidores, tanto actuais como potenciais e como explotar esta información para tomar decisións máis precisas e fundamentadas. Todo iso, co obxectivo de converter a vixilancia de competidores nunha parte integral da cultura de vixilancia e intelixencia organizativa.
Persoal de empresas e entidades galegas interesado en aumentar o seu coñecemento sobre os servizos e elementos que conforman a Vixilancia Tecnolóxica e a Intelixencia Competitiva.
- PRESENTACIÓN A CARGO DE MARÍA JOSÉ MARIÑO FONTENLA, DIRECTORA DE ÁREA DE CENTROS DE GAIN
- FUNDAMENTOS DA VIXILANCIA DE COMPETIDORES
- Que é a vixilancia de competidores e por que é importante?
- Beneficios da intelixencia competitiva na toma de decisións
- Etapas do proceso de vixilancia de competidores
- O PLAN DE VIXILANCIA DE COMPETIDORES
- Identificación de competidores actuais e potenciais
- Que información necesito vixiar dos meus competidores, quen a necesita e por que?
- Onde está a información que necesito dos meus competidores?
- Que produtos de vixilancia cobren mellor as necesidades de información dos competidores?
- Quen vai vixiar aos competidores e como?
- Como explotar a información sobre os competidores? A toma de decisións
- ROGOS E PREGUNTAS
Angélica López
Coordinadora de servizos de Intelixencia Competitiva en TECNALIA Research & Innovation
Lidera a implementación do proceso de vixilancia e intelixencia estratéxica en Tecnalia. Nesta posición, coordina actividades e xestiona proxectos para empresas e entidades de innovación, tanto a nivel rexional e nacional como europeo. Traballa no ámbito da vixilancia, a análise de tendencias tecnolóxicas e de mercado, o desenvolvemento de observatorios tecnolóxicos ou a definición e despregamento de unidades de vixilancia e procesos de VIE. Ademais, ten unha ampla traxectoria como formadora no ámbito da VIE para institucións públicas e empresas privadas.