Proxectos europeos

Impaqt

O obxectivo é promover e apoiar a eco-intensificación dos sistemas de produción acuícola no interior (incluída a auga doce), nas zonas costeiras e no mar.
IMPAQT ten como obxectivo desenvolver e validar in situ unha plataforma de xestión polivalente, multisensorial e multifuncional para a produción acuícola sustentable e multifuncional integrada.
A ambición de alto nivel é impulsar un cambio de paradigma na industria europea e a súa aceptación do IMTA como enfoque viable, achandando o camiño cara a unha industria europea máis respectuosa co medio ambiente e máis eficiente e de maior rendemento.

Principais tarefas de FEUGA:

  • Líder do WP.6 – Communication, dissemination & exploitation.
  • Elaboración do plan de comunicación e difusión.
  • Implentación e seguimento de estratexias e campañas de comunicación online e offline.
  • Definición das actividades de comunicación e difusión; elaboración de materiais de comunicación e difusión de resultados (sitio web, folleto, póster, roll-up…).
  • Xestión integral das redes sociais.
  • Elaboración do plan de explotación.

FINANCIACIÓN

H2020


ORZAMENTO

5.883.180 €


ÁREA DE INVESTIGACIÓN

Acuicultura, Internet of Things, Blue Growth


SOCIOS

21 socios de Irlanda, Grecia, Luxemburgo, Holanda, Turquía, Francia, Portugal, Reino Unido, Polonia, España, Italia e China


WEB

www.impaqtproject.eu


Casos de éxito