ACTUALIDAD

26-10-18

Acto inaugural Programa formativo en xestión estratéxica e operativa de centros e unidades de investigación de excelencia (26/10/2018)

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia e FEUGA organzizan a xornada de presentación do proxecto “Programa formativo en xestión estratéxica e operativa de centros e unidades de investigación de excelencia”.

Este evento terá lugar o próximo día 26 de outubro de 2018 ás 13:00h no Auditorio da Sede FEUGA, rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, Campus Vida, Santiago de Compostela (A Coruña).

O acto contará coa seguinte estrutura:

12:30 - 13:00 Rexistro de asistentes

13:00 - 13:30 Presentación institucional do programa a cargo da Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Dna. Carmen Pomar Tojo

13:30 - 14:30 Relatorio inaugural a cargo de D. Julio E. Celis, unha das personalidades científicas de maior peso en Europa nos últimos anos

14:30 - 16:00 Almorzo

Compártelo

Últimas noticias